Bootstrap Themes

Pomba, a que non era

Libro infantil creado pola escritora Lucía Ferro e a ilustradora Andrea Lombardía.

Toca unha ampla variedade de emocións, tanto as que gustan como as que non, e axuda a pais, nais e educadores a tratar cos máis pequenos a temática do abuso.

O conto de Pomba é unha ferramenta que lle ofrece palabras a aqueles que atopan dificultade para expresar sentimentos tan complexos como os que aparecen en situacións traumáticas.

E non só fala do medo e a tristeza, tamén ofrece un final cheo de esperanza.

Financiación colectiva

Dada a envergadura do proxecto, decidimos iniciar unha campaña de financiamento colectivo (crowdfunding) para acometer os gastos que implica comisionar unhas ilustracións desta calidade e unha impresión a toda cor con tapa dura.

Animamos a todas as persoas interesadas no proxecto a colaborar coa campaña, co que conseguirán unha copia do libro e, segundo o aporte, aparecer la lista de colaboradores en cada copia vendida sempre que se chegue ao obxectivo. No caso de non acadar o mínimo que necesitamos, os cartos serán devoltos.

Colabora
...

Para nenos e nenas

Con debuxos repletos de detalles, que quererán ollar unha e outra vez.

A historia, aparentemente sinxela, permitiralles comprender as propias experiencias.

...

Para nais e pais

Este é un conto que se pode empregar como fonte de conversa e vínculo íntimo cos seus fillos e fillas.

Os numerosos detalles do rural galego presentes nos debuxos poden dar pé a compartir as experiencias propias.

...

Para educadores

Servirá como recurso comunicativo co que crear un ambiente de harmonía entre o alumnado, axudando a minimizar os casos de acoso escolar.

Dado o caracter simbólico do libro poderá axudar tamén a identificar casos de abuso no ambiente familiar.